miércoles, 26 de diciembre de 2018

PRESENTACIÓN TEMA 8 - SUGESTOPEDIA

PRESENTACIÓN SUGESTOPEDIA 


5 comentarios:

  1. Ola Raquel!
    Dende o meu punto de vista, a túa presentación foi moi interesante porque non coñecía a suxestopedia, polo que me gustou aprender sobre esta. Pareceume un método interesante, sobre todo a parte de “chegar a un estado de infantilización”, pero concordo contigo en que isto é un proceso difícil. Non obstante, tamén vexo algúns puntos positivos. Por exemplo, creo que as diferentes técnicas usadas poden fomentar a motivación do alumnado para participar, xa que na fase activa mencionas actividades bastante dinámicas que poden impulsar isto.
    Moi boa presentación! Felices festas!
    Iria.

    ResponderEliminar
  2. Boas Raquel!

    Ao igual que Iria, eu tamén descoñecía esta metodoloxía, e creo que a túa presentación foi moi completa, xa que proporcionou unha panorámica xeral moi ilustrativa (incluíndo elementos como imaxes e vídeos da súa posta en práctica). Persoalmente, son máis partidaria de combinar e integrar os aspectos que máis proveitosos das diferentes metodoloxías alternativas que imos vendo en lugar de aplicar soamente unha que focalice nun aspecto concreto da aprendizaxe de linguas. Non obstante, ocórrenseme moitas situacións nas que o método tradicional suporía unha barreira e a suxestopedia sería unha boa forma de motivar ao alumnado.

    Agardo que esteas a pasar unhas boas festas, un saúdo!

    Laura Rodríguez Fernández

    ResponderEliminar
  3. Ola, Raquel!
    Primeiro de todo, grazas por achegarnos a este método, curioso canto menos. Recordo que cando o presentaches eu fun dende a confianza total ata o escepticismo... A verdade é que gustoume especialmente o tema de tratar de superar as barreiras que xorden no propio proceso de aprendizaxe de linguas pero logo penso que facelo a través da infantilización no aula podería traer outras tantas. Por exemplo, se unha persoa supera os seus medos a través dun "persoaxe", logo habería que traballar en poder aplicalo á vida real, explícome?. Non sei! Como único método creo que podería ser bo con alumnado con perfís moi específicos pero collendo algunha que outra idea pode ser positivo en calquera aula.
    En calquera caso, parabéns pola túa presentación! Ademais xurdiu un debate moi interesante.
    Boa fin de festas!

    ResponderEliminar
  4. Hola, Raquel!
    Enhorabuena por la presentación. Tengo de confesarte que el término "sugestopedia" me sonaba a chino. Gracias a tu presentación, ahora me parece un buen método a seguir en clases aunque me parece un poco complicado llevarlo a cabo en clases. Principalmente lo de legar a un estado de infantilización. Más difícil aun si, al igual que yo, eres un poco tímido.

    Feliz 2019!

    David.

    ResponderEliminar
  5. Teño unha postura de amor-odio respecto a esta metodoloxía.
    Por un lado, encántame o uso da música como vehículo para controla-las emocións e o estado de ánimo do estudiante, tanto como que se lle de tantísima importancia á disposición do estudiante para aprender e practicar.
    Por outro, parece moi pouco flexible e aplicable só a determinados casos particulares; ten un alto compoñente terapéutico, o que significa que o alumno precisa de certos "síntomas". Ademáis da dificultade da que falas para atopar un profesor apto para emplear satisfactoriamente esta metodoloxía.
    Interesante fonte de inspiración para quen queira lidiar con alumnos tímidos.
    A presentación pareceume moi apropiada ao respetar todas esas "cousas raras" que son parte do método, e aportar críticas valorando o método como un conxunto que funciona.

    ResponderEliminar